As apps nativas para iPhone e Android de SmartPromo están deseñadas ao detalle: a túa asociación terá unha aplicación de alta calidade, actualizada ás últimas tendencias. Con SmartPromo, a verdadeira vida da túa app comeza cando se publica no App Store e en Google Play e os usuarios as descargan nos seus smartphones.
SmartPromo interpreta o voso contido e o une ao aportado polos usuarios e aos datos de uso da app, xerando contido dinámico de xeito que os usuarios non sempre ven a mesma información cada vez que a usan. Por exemplo, a aplicación pode suxerirlle visitar certos lugares, destacando os mellor valorados polo público, etc. Esta é unha gran maneira de aumentar a visibilidade dos vosos negocios.
A pantalla de cada negocio amosa todos os detalles, como a súa localización, datos de contacto, vindeiros eventos, páxina web, descrición, galería de fotos... E todo elo ben visible dunha maneira elegante e moi intuitiva para os vosos usuarios.
Os vosos eventos amósanse en múltiples pantallas da aplicación, facilitando que os usuarios os atopen sen buscar demasiado, se apunten e os compartan tanto na aplicación como noutras redes sociais, podendo engadilos aos seus calendarios persoais.
Ademáis do contido introducido no CMS polos vosos asociados, os vosos clientes, como usuarios da app, engaden fotos, Me gusta, valoracións, check-ins... aportando un contido de gran valor para o voso SmartPromo, creando unha comunidade arredor da vosa asociación que favorece a captación de leads e multiplica ao máximo a visibilidade da asociación.
Cada usuario ten o seu propio perfil dentro da aplicación, co que pode interactuar co contido. Ademais, os vosos clientes poden iniciar sesión facilmente coas súas contas de Twitter ou Facebook, ou crear unha conta propia na vosa app. Tamén poden usar a app sen un perfil de usuario, mais non poderán engadir comentarios, fotos, apuntarse a eventos...
Unha liña temporal na súa pantalla de perfil destaca toda a súa actividade na app.
A vosa app estará dispoñible nos distintos idiomas que establezas no CMS. Ademais está integrada con outras redes sociais, de xeito que os vosos usuarios poden compartir toda a súa actividade cos seus amigos e seguidores.
Os vosos clientes reciben as notificacións PUSH no mesmo intre para o que as programedes, aumentando o impacto das vosas promocións, eventos, novas... E si, cada asociado pode programar tantas notificacións como queira.
Todas as imaxes pertencen á app demo de SmartPromo para iPhone, ambientada na cidade de Barcelona