CMS de SmartPromo

O CMS (Content Management System) é o xestor de contidos web dende o cal se controla a app. Nel poderás e personalizar a app, engadir e editar os negocios da túa asociación, e tamén poderás engadir eventos, notificacións, imaxes, consultar as analíticas e estatísticas de uso, e xestionar todo o contido da app da vosa asociación.

Xestión de Contido en tempo real

A interface do CMS de SmartPromo está deseñada para ser intuitiva e fácil de usar. O menú lateral permite acceder comodamente a todo o contido, para xestionalo en tempo real: dende quitar unha vírgula ata engadir centos de asociados, podedes facelo no momento, sen esperar a lanzar unha actualización da app.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla principal

CMS responsive

O CMS de SmartPromo está deseñado con tecnoloxías responsive, o que vos permite xestionar o contido da vosa aplicación dende calquera dispositivo: ordenador de sobremesa, portátil, tablet, smartphone...

Screenshot de CMS SmartPromo - Responsive (portátil, tablet, smartphone...)

A identidade da vosa asociación

Configura a cor principal e a icona da aplicación, para adaptalo á vosa imaxe corporativa. Introduce unha descrición para a aplicación, categoría, etc. Vós decidides como queredes aparecer no App Store e en Google Play.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla de personalización de la app móvil (icono, color principal...)

Idiomas

Configura a app para que estea dispoñible en múltiples idiomas. Os vosos usuarios ven a app no idioma dos seus dispositivos, e tamén poden seleccionalo manualmente. Se deixades algún contido sen traducir, podes establecer o idioma que se usará por defecto.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla de selección de idiomas de la aplicación móvil

Importa os vosos negocios directamente dende unha folla de cálculo

Engade todos os vosos negocios asociados nun só paso a partires dun arquivo CSV. O CMS de SmartPromo proporciónache unha plantilla para cubrir coa información dos asociados, e encárgase de crear as categorías e os negocios na app por ti.

Screenshot de CMS SmartPromo - Importar asociados y categorías automáticamente desde una hoja de cálculo (archivo CSV)

Xestiona os vosos negocios facilmente

Organízaos en distintas categorías: restaurantes italianos, hoteis, cociña mediterránea, cafeterías, pubs... Podes crear tantas como desexes, e seleccionar unha icona representativa para cada unha delas.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla de gestión de negocios asociados

Asigna administradores aos negocios

Para xestionar máis axilmente o contido da vosa app, podes designar un administrador para cada negocio e distribuir a xestión entre os distintos asociados, mantendo ti sempre o control e a supervisión como administrador xeral. Deste xeito, o reponsable de cada establecemento pode xestionar o seu espazo na aplicación engadindo fotos, eventos ou enviando notificacións, consultar as estatísticas de uso relacionadas co seu negocio, e moito máis.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla de administradores de negocios asociados (gestión distribuida)

Toda a información dos vosos eventos

Cada asociado, ao crear un evento, pode engadir información como título, descrición, datas de inicio e fin, prezo ou unha imaxe promocional. Así facilítase que os usuarios atopen os vosos eventos, se apunten a eles e os compartan.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla de formulario para añadir un evento (título, precio, descripción, fechas de inicio y fin...)

Tantos eventos como queirades

Podedes crear os eventos que queirades. Algúns exemplos de eventos son concertos, conferencias, charlas ou exposicións, e tamén promocións, ofertas ou noticias.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla de lista de eventos

Moderación do contido

O CMS de SmartPromo vos permite moderar o contido que engaden os vosos usuarios. Podedes deshabilitar calquera elemento en calquera momento para que non se vexa na aplicación móbil. Incluso podes bloquear a un usuario se o seu comportamento non é axeitado.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla de moderación de contenido (moderar comentario de usuario)

Reports de usuarios

Os vosos usuarios poden interactuar coa app de múltiples formas, e unha delas é a través do envío de reports. Estes informes serven para avisarvos sobre algún incidente co contido da aplicación, como datos errados, fotos ou valoracións con contido inapropiado, ou usuarios con comportamento inadecuado.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla de reports de usuarios (reports de imágenes)

Notificacións PUSH programables e ilimitadas

Cada asociado pode programar, en tan só uns segundos, avisos puntuais aos usuarios en forma de notificacións PUSH ligadas ao seu negocio ou a un dos seus eventos para un intre particular, e así manter aos vosos clientes ao día da vosa actividade.

E podedes enviar todas as notificacións que queirades sen ningún custo adicional!

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla de formulario para programar una notificación PUSH (mensaje, fecha y hora y minuto)

Cada sección conta coa súa propio apartado de Axuda

O CMS contén paneis de Axuda en múltiples seccións, nos que se explica detalladamente como realizar as tarefas máis comúns.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantalla de ayuda

Un amplísimo conxunto de Analíticas e Estatísticas de Uso en tempo real

SmartPromo é unha plataforma promocional completa, e inclúe un amplo abano de estatísticas do uso que os usuarios fan da vosa aplicación, dende gráficos configurables ​​ata táboas completas. Poderedes coñecer mellor as preferencias e patróns de comportamento dos vosos clientes; por exemplo, poderedes ver cando prefiren interactuar con ela, ou cales son as categorías, negocios e eventos máis populares, e así planificar mellor a vosa actividade.

Screenshot de CMS SmartPromo - Pantallas de estadísticas, analíticas y gráficas de uso de las aplicaciones móviles


Usamos cookies para ofrecerchee un mellor servizo, en ningún caso usamos os teus datos para o noso beneficio persoal ou para vendelos a terceiros. Se continúas navegando aceptas o noso uso das Cookies.