Non. Anque está orientada a asociacións, SmartPromo é unha plataforma de promoción móbil grupal completa, que pon ao alcance de calquera asociación, agrupación, federación, ou grupo de negocios ou establecementos unha aplicación móbil de altísima calidade. Tamén é a aplicación ideal para administracións públicas que queiran promocionar a súa rexión ou área de influencia e posicionarse como unha Smart City a través dunha aplicación móbil.
SmartPromo é unha app móbil perfecta para: asociacións de hostalaría (restaurantes, bares, cafeterías, pubs, salas de concertos, locais de ocio...), viaxes e turismo (casas de turismo rurais, hoteis, balnearios e spas, consorcios turísticos, albergues, cámpings...), asociacións profesionais (comercios, asociacións e federacións de empresarios...), asociacións culturais (espectáculos e eventos, museos, galerías de arte...), franquías, ou para administracións públicas que queiran promocionar e pór en valor as súas rexións, espazos naturais, monumentos e puntos de interese turísticos ou culturais (municipios, áreas de cultura, turismo e desenvolvemento...).
Significa que cada asociación ten unha app única e diferente nas tendas de aplicacións App Store e Google Play, adaptada á imaxe e identidade corporativa de cada asociación. Se contratas SmartPromo para a túa colaboración, os usuarios descargaranse a app da túa súa asociación, non unha app SmartPromo xenérica co contido de todas as asociacións que contratan SmartPromo mesturado.
Así, o contido, os usuarios, e os recursos da vosa aplicación son totalmente independentes dos do resto de apps, porque o obxectivo de SmartPromo é promocionar e mellorar a imaxe e visibilidade da vosa asociación para aumentar a fidelización dos vosos clientes, fomentar a captación de novos leads e aumentar os vosos ingresos.
En ambos os dous casos, si, podes ter o teu SmartPromo con calquera número de negocios. Se tes entre 20 e 1000, o prezo do teu SmartPromo é o que aparece na web. Se tes menos de 20, o custo por asociado sobe un pouco. Se tes máis de 1000, o custe por asociado baixa. En calquera caso, ponte en contacto con nós.
O potencial de SmartPromo, sen perxuizo de ser aplicable a conxuntos pequenos, aumenta proporcionalmente ao número de negocios que se engadan, debido entre outros factores á natureza social e comunicativa que presenta.
Por suposto, SmartPromo non ten límites xeográficos. Polas súas características é unha plataforma ideal para Smart Cities, e tamén o é para ámbitos territoriais máis grandes como comarcas, provincias, comunidades autónomas e mesmo países enteiros. Tampouco é necesario que os negocios asociados pertenzan a rexión xeográfica concreta: SmartPromo é perfecto para negocios situados en distintas partes do mundo.
Si. O CMS de SmartPromo permíteche engadir os negocios que desexes en calquera momento. Como a facturación é mensual, cada mes se che facturará polo número de negocios que teñas na app ese mes. Se optas polo pago anual anticipado con desconto e un mes engades máis asociados á app, no mes seguinte se che factura a diferenza.
Dende que contratas SmartPromo, pasarán alomenos 5 días aproximadamente ata que as aplicacións estean dispoñibles para descargar no App Store e en Google Play.
Poderedes acceder ao CMS tan só unhas horas despois de contratalo; logo teredes que introducir o contido antes de publicar as apps. Unha vez feito isto, o Equipo Técnico de SmartPromo envía a app de iPhone a Apple para que a revise e aprobe. Este proceso, que pode levar entre 5 e 15 días, depende só de Apple.
A vosa aplicación estará dispoñible para descargar a través das tendas de aplicacións App Store e Google Play, en máis de 130 países.
Non, non é necesario. Ademais, non é boa idea obrigar aos usuarios a crear unha conta para poder utilizar unha aplicación; é mellor permitirlles probala, aínda sen todas as funcionalidades, para que sexan eles quen voluntariamente creen unha conta. En SmartPromo, un usuario que non teña perfil poderá consultar todo o contido da vosa aplicación e compartilo noutras redes sociais, pero non poderá interactuar con el. Para engadir valoracións, imaxes, Me gusta, apuntarse a eventos, etc. e compartir estas accións si que precisa ter un perfil de usuario.
SmartPromo permítevos moderar as valoracións e imaxes que engaden os vosos usuarios. Podedes decidir bloquear algunha se é inadecuada. Incluso podes bloquear a un usuario se o seu comportamento na aplicación non é correcto.
Ademais, a aplicación móbil dá a opción aos vosos propios usuarios de informarvos sobre contido inapropiado na vosa aplicación de xeito privado mediante o envío de reports.
Tamén ofrece distintas opcións de configuración á hora de moderar o contido que engaden os vosos usuarios. Por exemplo, podes optar por que non se publique nada en tempo real, e só cando os administradores o aprobedes verase o contido nas aplicacións móbiles.
En xeral hai dúas formas de desenvolver unha app móbil: de xeito nativo e con ferramentas multiplataforma.
Desenvolver de forma nativa significa que se fai un deseño e desenvolvemento específicos para cada plataforma (iPhone e Android), o que nos permite optimizar a UI (interface de usuario), a estética e sobre todo a UX (usabilidade). O desenvolvemento nativo, o deseño adaptado e a optimización da UX a cada plataforma fan que a experiencia do usuario das aplicacións móbiles sexa suave, agradable e intuitiva.
As aplicacións multiplataforma soen deixar de lado estes aspectos, son toscas e moi propensas a erros, o que no 99% dos casos se traduce en malas opinións dos usuarios, o abandono da aplicación por parte destes e, en definitiva, nunha mala imaxe promocional.
As apps de SmartPromo están dispoñibles para iPhone e Android, abarcando o 96,3% dos usuarios mundiais de smartphones.
Non. A velocidade da app é independente da cantidade de contido que engadades.
Ademais, a diferenza doutros servizos, cada app de SmartPromo utiliza os seus propios servidores, cos seus propios recursos. A vosa aplicación non terá que compartir o servidor con outras apps de SmartPromo, co que eses recursos (ancho de banda, disco duro, memoria RAM...) son todos para vós.
Non só iso: a arquitectura da plataforma SmartPromo está distribuida e replicada e é altamente escalable, garantindo a máxima fiabilidade e dispoñibilidade dos vosos datos, e permitindo soportar calquera cantidade de tráfico.
CMS significa Content Management System, é dicir, Xestor de Contido. É o panel de administración web dende o que xestionades a vosa app. Nel podedes engadir, editar ou eliminar calquera contido: negocios, eventos, fotos, notificacións... e consultar todas as estatísticas de uso dun xeito moi sinxelo e intuitivo.
O CMS está traducido a varios idiomas e dispón de múltiples paneis de axuda onde podedes atopar indicacións sobre como realizar as tarefas comúns.
Si, o CMS de SmartPromo é responsive. Isto significa que tanto o administrador xeral coma os distintos asociados podedes acceder a el dende calquera dispositivo (ordenador de sobremesa, portátil, tablet, smartphone, etc.).
As notificacións PUSH son avisos ou alertas que se envían aos usuarios dunha app. Un exemplo moi sinxelo é cando recibe unha mensaxe no WhatsApp ou un correo electrónico e o teu smartphone te avisa cun son e unha alerta visual: iso é unha notificación PUSH.
Un aspecto importante destas notificacións é que o usuario non ten que facer nada para recibilas, nin sequera abrir a aplicación, abonda con que a teña instalada. Isto convirte ás notificacións PUSH nunha ferramenta moi potente para promocionar e difundir novas, eventos, ofertas...
En SmartPromo as notificacións pódense programar para ser enviadas nun intre concreto, asegurándose de que chegan xusto no momento preciso.
Ponte en contacto con nós. Atenderémoste encantados e tentaremos resolver todas as túas dúbidas.